
- Este evento pasou.
Startup Coworking Cafe 2023 – Pazo de Arenaza
Marzo 16 @ 9:30 AM - 1:30 PM
Dentro da programación da StartUp Europe Week 2023 a Deputación Provincial da Coruña organiza un ano máis este punto de encontro entre empresas, startups e emprendedor@s con base tecnolóxica da provincia da Coruña.
Trátase de un evento de asistencia reducida para facilitar o networking, intercambio de coñecemento e experiencias emprededoras entre tódolos participantes.
PROGRAMA:
9.30 Recepción de participantes
10.00*Apertura institucional e presentación da Startup Europe Week e da Rede Provincial de Espazos de Traballo a cargo de José Ramón Rioboo, deputado provincial da área de emprego,eJuan Diego Pereiro Areán, xestor da asistencia técnica do espazo de coworking do Pazo de Arenaza, fundador do espazo de coworking WeKCo e a plataforma WeKAb.com da Startup Europe Week e da Rede Provincial de Espazos de Traballo a cargo de Juan Diego Pereiro Areán, xestor da asistencia técnica do espazo de coworking do Pazo de Arenaza, fundador do espazo de coworking WeKCo e da plataforma WeKAb.com
10.10* Conferencia introdutoria a cargo de Kristina Eskenazi (presidenta do Health & Life Sciences Cluster Bulgaria e fundadora do AI Cluster Bulgaria), e de Antonio Hyder, Director Científico de Hackers & Founders (conexión online en directo).
10.30* Presentación de iniciativas empresariais innovadoras e tecnolóxicas postas en marcha na provincia:
- Nocodehackers, por Alex Bernardo,fundador
- AcercArte, por Eva Cayetana Somolinos Olmo, CEO e cofundadora
- Link Affinity, por Sico de Andrés, Creador e CEO
- EMSAMBLE, por Sergio Sampedro Herranz, Director e socio fundador
11.30 Worldcafé con emprendedores de éxito da provincia (dinámica de networking e intercambio de experiencias e coñecementos)
12.50 Mesa de conclusións do world café
13.00* Presentación “Como construír unha Startup sen ser programador” por Alex Bernardo, de Nocodehackers.
13.30 Peche do evento
(*) Eventos emitidos por streaming
Trátase dun evento presencial limitado a 25 prazas, do que retrasmitiremos vía streaming algunhas as partes indicadas no programa co asterisco.
As personas que se inscriban a través deste formulario, deberán asistir presencialmente. As persoas interesadas en asistir en streaming, poderán facelo a través do canal de youtube do Pazo de Arenaza.