Solicitude Programa Mentoring FP-Fin 16/3/23

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Solicitude Programa Mentoring FP-Fin 16/3/23

Marzo 13 @ 12:00 AM - 11:30 PM

Programa Mentoring FP

Ademais, ata o 16 de marzo estará aberta a convocatoria de Mentoring FP 2022-2023, unha iniciativa froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ao abeiro do programa Eduemprende e do Plan DigiTalent 2030.

O obxectivo do Programa é titorizar e acompañar ao alumando de Formación Profesional dos ciclos de Grao Superior e de cursos de especialización para identificar saídas profesionais adaptadas ao perfil de cada estudante e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como a posta en marcha dun proxecto emprendedor.

O Programa conta con 18 prazas que permitirán ao alumnado participante seguir un Plan de Mentoring personalizado e definido polo persoal experto que asumirá o rol de mentor dos alumnos en cada unha das grandes empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa: Altia, DXC Technology, Inetum e NTT Data.

Todos os detalles destas e doutras actuacións dirixidas á infancia e adolescencia, así como as instrucións para participar atópanse en constante actualización na web DigiTalent.