Proxectos de Intercooperación | Sectores: Asesorías e Consultorías

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Proxectos de Intercooperación | Sectores: Asesorías e Consultorías

Setembro 22 @ 9:00 AM - 11:30 AM

No marco da Rede Eusumo, EspazoCoop organiza un encontro para Proxectos de Intercooperación dos sectores de Asesorías e Consultorías.

Esta actividade levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom o vindeiro venres 22 de setembro de 2023 en horario de 9:00 h a 11:30 h.

Poderán particiapar neste evento as cooperativas socias de EspazoCoop, así como outras cooperativas e entidades de economía social galegas que non sexan socias.

finalidade e os obxectivos desta actividade son os seguintes:

  • Xerar e concretar proxectos innovadores ou de co-creación, e procesos de intercooperación, entre aquelas cooperativas e outras entidades de ESS interesadas en ser promotoras dos mesmos, concretamente para as cooperativas da sectorial de Asesorías e Consultorías, e aquelas que pertencen a Marca EXPERTCOOP.
  • Afondar na posibilidade de xerar maior valor engadido da Marca EXPERTCOOP.
  • Análise e detección de necesidades e oportunidades compartidas.
  • Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes.
  • Fomentar a co-creación de proxectos de intercooperación.
  • Afondar en temáticas de interese para as cooperativas do sector.

programa será o seguinte:

9:30 h. – Benvida e presentación das persoas e cooperativas participantes. Presentación do marco xeral do programa Itinerarios de Intercooperación, edición 2023.

9:45 h. – Presentación da Estratexia Galega de Economía Social 2023 e a oportunidade de ExperCoop nun contexto de colaboración e intercooperación.

10:30 h. – Dinámica participativa : Análise da situación actual da Marca: Revisión e diagnose.Oportunidades e barreiras de entrada. Cuestionario de análise previo sobre a revisión da marca.

11:00 h. – Plenario de recollida de achegas, próximos pasos e peche do encontro.

Inscríbirte a tavés deste formulario.

Atoparás máis información en espazo.coop

Detalles

Data:
Setembro 22
Hora:
9:00 AM - 11:30 AM
Páxina web:
http://www.eusumo.gal/proxectos-de-intercooperacion-sectores-asesorias-e-consultorias

Protagonista

Rede Eusumo
Teléfono:
610 174 389
Correo electrónico:
info@eusumo.gal
Ver a páxina web do Protagonista