
- Este evento pasou.
PROTÉXETE CONTRA A DESINFORMACIÓN E AS ESTAFAS EN LIÑA!
17/11/2022 @ 10:00 AM - 11:30 AM
Da man dos nosos profesionais, poderás coñecer a forma en que os cibercriminais tratan de manipular a información para obter os seus beneficios.
Tras o éxito das sesións presenciais “Vacínate contra vos coronabulos”, decidimos facer unha sesión de peche EN LIÑA para que todo aquel que quedara con ganas, poida gozar da formación (o contido será o mesmo que nas sesións xa realizadas).
PROGRAMA:
Sesión dirixida especialmente a persoas maiores, na que se fará un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abordaremos os obxectivos que perseguen, así como os mecanismos para detectalos.
Ademais, repasaremos as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e coñeceremos os principais mecanismos para previlas.