
Programa colectivos: a solución é cooperativa
Abril 25 - Xuño 9
EspazoCoop organiza a teleformación “Programa colectivos: a solución é cooperativa”, en colaboración co Concello de Lugo e ca Federación de Asociacións do Ámbito Social – FADAS Lugo, no marco da Rede Eusumo.
Este programa terá unha duración total de 60 horas que se levarán a cabo entre o 25 de abril e o 9 de xuño de 2023.
O obxetivo desta actividade é achegar o modelo cooperativo a persoas que están buscando emprego, que queren emprender ou que están traballando e que teñen interese en desenvolver un proxecto de
emprendemento cooperativo.
O programa divídese en 3 cursos de 20 horas cada un:
Emprendemento en cooperativa | Do 25 de abril ao 5 de maio
- Módulo 1.- O emprendemento. A situación actual do emprego.
- Módulo 2.- O cooperativismo de traballo, alternativa de emprego.
- Módulo 3.- Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento.
- Módulo 4.- Experiencia cooperativa.
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 9 ao 19 de maio
- Módulo 1.- A Comunicación.
- Módulo 2.- O traballo en equipo.
- Módulo 3.- A toma de decisións.
- Módulo 4.- O liderado nas cooperativas.
Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 30 de maio ao 9 de xuño
- Módulo 1.- Identifica o teu proxecto cooperativo.
- Módulo 2.- Analiza as áreas comercial e de mercado.
- Módulo 3.- Estuda a viabilidade económica e financeira.
- Módulo 4.- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.
Cada curso terá unha sesión virtual e unha sesión presencial. As sesións virtuais levaranse a cabo a través da Aula Virtual de EspazoCoop e as sesións presenciais terán lugar no CEI NODUS (Av. da Coruña, 500, 27003 Lugo).
Inscríbete a través deste formulario.
Consulta o cartel completo da actividade.
Para máis información contacta con patane@espazo.coop ou 697 877 773.