
- Este evento pasou.
Presentación do Programa FEDER Galicia e da RIS3 Galicia 2021-2027
Marzo 28 @ 11:00 AM - 2:00 PM
FreeTítulo: Presentación do Programa FEDER Galicia e da RIS3 Galicia 2021-2027
Data: 28 de marzo de 2023
Lugar: Auditorio do Edificio Fontán, Cidade da Cultura.
Hora: 11:00h
O vindeiro 28 de marzo celebrarase o evento de presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e do Programa Feder Galicia 2021-2027, nun encontro organizado conxuntamente pola Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Facenda e Administración Pública.
O evento contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, do Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ademais de diversas autoridades do Ministerio de Ciencia e Innovación, Ministerio de Facenda e Función Pública e da Comisión Europea. Tamén se celebrará unha mesa redonda con axentes de I+D+i para analizar as oportunidades que ofrece esta nova estratexia.