PONT-UP STORE

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PONT-UP STORE

Setembro 24 - Setembro 25

O Pont-Up Store é unha iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade.

No marco do Campus Crea da Universidade de Vigo este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

Trátase dun evento multisectorial con proxectos que proveñen dun gran abano de sectores de actividade procedentes tanto do ámbito urbano coma do rural cunha gran calidade contrastada derivada dun riguroso proceso de selección das numerosas candidaturas recibidas cada edición.

 

Por que ir ao Pont-Up Store?

Porque é o único evento galego onde se reúnen emprendedores, profesionais, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, o financiamento e o emprendemento creativo.

Porque é unha experiencia única e transformadora na que se van a dar cita miles de persoas en torno á creatividade, o emprendemento e as súas tendencias. Poderás participar nun extenso programa de charlas, mesas redondas, obradoiros, networkings e demostracións, con poñentes de primeiro nivel. Un encontro onde ti serás o protagonista.

Detalles

Comezo:
Setembro 24
Remate:
Setembro 25
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://pontupstore.com/

Recinto

Campus Crea
Vigo, + Google Map