Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2022

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2022

Novembro 2 @ 10:00 AM - 1:00 PM

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN e aos que se pode acceder directamente a través desta ligazón: Candidatos ERC. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 2 de novembro celebraráse un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Consolidator Grants 2022. No taller participarán Laura Mohedano, National Contact Point ERC da Oficina de Proyectos Europeos del Instituto de Salud Carlos III, así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC. Contaremos tamén con Ashwin Woodhoo, da Universidade de Santiago, ganador dunha Consolidator Grant do ERC, para compartir a súa experiencia.

Para calquera dúbida pode contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal

Detalles

Data:
Novembro 2
Hora:
10:00 AM - 1:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/418/oportunius+taller+online+preparacion+propostas+convocatoria+erc+consolidator+grant+2022

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Online event