Como obter financiamento para entidades de Economía Social: edición III

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Como obter financiamento para entidades de Economía Social: edición III

Abril 18 - Maio 2

Desde a Rede Eusumo lanzamos a 3ª edición do curso ‘Como obter financiamento para entidades de Economía Social’ como mostra do noso compromiso coa formación no eido da economía social.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 18 de abril e o 2 de maio de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é dar a coñecer os diferentes tipos de financiamento aos que poden optar as entidades de economía social.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en obter financiamento para poñer en marcha ou continuar a actividade do seu proxecto de economía social.

O programa formativo ten a seguinte estrutura:

  • MÓDULO 1. Que é a economía social?
  • MÓDULO 2. As entidades de economía social: as cooperativas e as sociedades laborais
  • MÓDULO 3. Tipos de financiamiento e outros recursos para entidades de economía social
  • MÓDULO 4. O financiamiento ético e alternativo
  • MÓDULO 5. Comparativa de banca tradicional e banca ética

As inscricións estarán abertas ata o 17 de abril de 2023 e faranse seguindo estos pasos:

  • Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  • Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Protagonista

Rede Eusumo
Teléfono:
610 174 389
Correo electrónico:
info@eusumo.gal
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Confederación Empresarial de Ourense (CEO)
Praza das Damas,1
Ourense, Ourense 32005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
988 39 11 10
Ver a Páxina Web do Recinto