Obradoiro/Hackathon de LoRaWAN no que se abordarán varios retos para dotar de rede e servizos LoRaWAN nun muiño rural.
Haberá unha charla introductoria do grupo TTN Vigo.
Propoñeranse varios retos para abordar en grupos de traballo reducidos.
A grandes rasgos, estos son:
– Dotar ó empramento de cobertura LoRaWAN e conectividade con TTN.
– Desenvolver unha serie de sensores para obter datos do entorno.
– Recolectar datos dende TTN e disponibilizalos para visualización en web.
Cada reto estará preasignado a un grupo de 3 persoas (máximo). Como moito abriranse 12 prazas (máis organización).
O evento será levado a cabo ao aire libre (nunha finca enorme que o noso socio Carlos ten en Ponteareas).
O anfitrión, Carlos, nos deleitará coa súa famosa paella, acéptase que os asistentes leven entrantes e postres para complementar, e se se levan rapaces, avisar para telo en conta a nivel organizativo.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica