
- Este evento pasou.
Obradoiro de introdución a GIT
23/05/2022 @ 6:30 PM - 8:30 PM
Git é un sistema de control de versións distribuído. Creado polo equipo do kernel de Linux para poder usar dunha maneira mais eficiente os cambios no kernel. Actualmente é un dos sistemas de control de versións mais usados no mundo.
Este obradoiro será de iniciación; como usar un control de versións, e como empezar a usalo para os teus proxectos persoais ou no teu traballo diario. Para este obradoiro non é necesario que a xente teña coñecementos de programación, pero si que é necesario que se coñeza o mínimo sobre a consola de comandos.
O temario do obradoiro será o seguinte:
• Que é git
• Como crear un repo
• Commits e branchs
• Configuración con remotes.
• Creación de Pull Request en Github.
Para facer este obradoiro é necesario ter configurado o seguinte:
• Un ordenador con Mac/Linux/Windows.
• Un terminal onde poder executar os comando de git
• Un editor de textos instalado (Atom, vim, sublime-text, notepad)
• Unha conta no servicio online Github.
• Configuradas as craves ssh en Github. (https://help.github.com/articles/connecting-to-github-with-ssh/)
O instrutor será Eloy Coto, que ten varios anos de experiencia con Git.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica