Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software

22/06/2022 @ 9:00 AM - 10:30 AM

O CIS Tecnoloxía e Deseño continúa este ano 2022 coas actividades formativas en Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva coa organización de catro xornadas online sobre a Propiedade industrial e intelectual e o aproveitamento da información xeolocalizada (Location Intelligence) na actividade empresarial.
Nesta primeira xornada trataremos as modalidades de protección da propiedade industrial e intelectual e tratamento do software.

A propiedade industrial e intelectual é o que identifica a empresa, achega diferenciación e seguridade xurídica. Resulta crucial tanto para construír unha imaxe de calidade no cliente como para diferenciarse da competencia. Por iso, é imprescindible que o persoal que está implicado nos procesos de I+D+i empresariais dispoña de competencias nestes ámbitos para poder identificar e protexer convenientemente os diferentes activos de propiedade industrial e intelectual da súa organización.

Abordaranse os seguintes temas:

Que é a “propiedade industrial”
Importancia da “propiedade industrial” para individuos e organizacións: propiedade intelectual e propiedade industrial
A Propiedade Industrial rexistrada como medio de protección das innovacións
Modalidades de Propiedade Industrial
A protección dos desenvolvementos de software
Este taller será impartido por MARIANO NIETO, Xefe do Servizo de Documentación da Oficina Española de Patentes e Marcas e desde 2001 é Técnico Superior Examinador da devandita oficina.

Recinto

Online event