Infoday IV edición BFFOOD – Business Factory Food

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Infoday IV edición BFFOOD – Business Factory Food

Maio 3 @ 10:00 AM

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza en colaboración coa Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) o Infoday da IV Edición da Business Factory Food (BFFood). Esta xornada informativa terá lugar o vindeiro 3 de maio, de 10.00 a 12.00 horas, no Edificio Feuga (Campus Vida, Santiago de Compostela).

Clusaga, en virtude de entidade dinamizadora da BFFood, e FEUGA, en virtude de membro do Comité Técnico e coma entidade colaboradora da aceleradora, reúnen neste encontro a autoridades e representantes da BFFood para ofrecer unha retrospectiva das súas edicións anteriores, dos programas que ofrece e dos recursos que pon ao alcance dos seus proxectos.

Ademais, ofreceranse todos os detalles relativos á IV Edición, cuxo prazo de presentación de proxectos está aberto ata o vindeiro 13 de maio.

Programa da xornada
Tras a benvida de representantes de Clusaga, XesGalicia e FEUGA, terá lugar a presentación dun informe de tendencias do sector AgriFood en 2022 a cargo da Fundación INTEC.

A continuación, representantes de dúas empresas mentoras da BFFood, CEAMSA e Hijos de Rivera, e os CEO de dous proxectos de éxito de pasadas edicións, ODS Protein e Galinsect, integrarán a mesa redonda “BFFood. Retos e solucións para a alimentación do futuro”, que virá seguida da mesa “Oportunidades para o crecemento e a valorización do coñecemento”, na que participan representantes de BFFood, FEUGA, XesGalicia e Unirisco.

O peche da xornada servirá para afondar nos detalles da IV Edición da aceleradora da man de representantes de Clusaga e GAIN e, para rematar, darase paso ao coffee networking.

IV Edición da BFFood
BFFood, a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada por Clusaga, mantén aberto o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa IV Edición ata o 13 de maio ás 14.00 horas. Poden presentarse a esta candidatura proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais coma internacionais, que dean resposta aos retos do sector.

Os proxectos seleccionados optarán a programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiación directa e acceso a inversión, así como a unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.

Para a IV Edición seleccionaranse ata seis iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración. O programa de aceleración está enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo ou teñan desenvolvido un produto ou servizo mínimo viable e esbozado un modelo de negocio. O de consolidación, a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras ventas xa realizadas.

Asiste á xornada
Para participar requírese inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, que permanecerá aberto ata o 2 de maio ás 16.30 horas. Para dúbidas e consultas pode contactarse con Clusaga a través do teléfono 981 55 60 62 ou do correo info@clusaga.org.

Detalles

Data:
Maio 3
Hora:
10:00 AM
Páxina web:
https://bffood.gal/gl/events/infoday-iv-edicion-bffood

Recinto

Sede Feuga
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida.
Santiago de Compostela, A Coruña España
+ Google Map
Páxina web:
http://www.feuga.es/