INDUSTRIAS CREATIVAS: O MUNDO DAS IDEAS LEVADO Á INDUSTRIA. A ECONOMÍA DO MAÑÁ.

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

INDUSTRIAS CREATIVAS: O MUNDO DAS IDEAS LEVADO Á INDUSTRIA. A ECONOMÍA DO MAÑÁ.

Novembro 9 @ 9:30 AM - 12:30 PM

A industria cultural e creativa: un sector estratéxico con visión de futuro

“Economía creativa son actividades nas cales a creatividade e o capital intelectual son a materia prima para a creación, produción e distribución de bens e servizos”. John Howkins

O audiovisual, a moda, o deseño, a arquitectura, a restauración, as aplicacións informáticas aplicadas ao mundo da comunicación, as artes visuais como compendio da aplicación das novas tecnoloxías á creación de novos escenarios estéticos, configuran este inmenso mundo que no seu globalidade denominamos industrias creativas. Un sector da economía que involucra a xeración de ideas e coñecemento.

A industria creativa e cultural experimentou nos últimos anos unha revolución a nivel global. A transformación dixital, a aparición de novos modelos de negocio e novas tecnoloxías cambiaron drasticamente a industria. As fronteiras dos mercados nacionais, nun mundo global como o que vivimos, difumináronse. As Industrias Creativas e Culturais (ICC) teñen un indubidable impacto sobre o crecemento, o PIB dos países e as exportacións, ademais de ser unha canteira de emprego e talento.

Unha oportunidade infinita…

A industria creativa implica converter o talento en diñeiro a través de proxectos que convertan as ideas en accións produtivas, fomentando a creatividade, as habilidades e o enxeño dos emprendedores e os profesionais.

Detalles

Data:
Novembro 9
Hora:
9:30 AM - 12:30 PM
Categoría dos Evento:
, ,
Páxina web:
https://circulo.gal/categorias/industrias-creativas/

Protagonista

Círculo de Empresarios de Galicia
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Nordés Club Empresarial
Enrique Mariñas 32
A Coruña, A Coruña 15009 Spain
+ Google Map
Teléfono:
698 14 10 51
Ver a Páxina Web do Recinto