Hackatón de Domótica e IoT libre

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Hackatón de Domótica e IoT libre

Outubro 9 @ 10:30 AM - 7:00 PM

Hackatón de Domótica e IoT:
Son moitas as solucións e produtos actuais que buscan facernos a vida máis fácil na nosa casa conectando todo a Internet. As luces, a aspiradora, a lavadora, a neveira e ata o cepillo de dentes, agora todo está conectado máis que nunca.

O problema? Que acabamos con decenas de servizos e aplicacións de fabricantes diferentes. Ademais se nalgún momento algún fabricante decide deixar de dar soporte ao seu produto… nosa Smart Home acaba sendo unha Dumb Home en toda regra.

Entón… que faremos?

Aprenderemos como unificar e configurar todos os nosos dispositivos con Home Assistant, desde a instalación e configuración básica a integracións e configuracións máis complexas para facer que a nosa casa pense por nós. Desde sensores xa feitos ata algúns un pouco caseiros con ESP-01, Arduinos, e sensores de todo tipo (humidade, presión, temperatura, presenza…). Tamén reprogramaremos produtos comerciais para melloralos como os Sonoff.

Javier Vila é enxeñeiro full-stack en Santander UK pero tamén é maker no seu tempo libre. Desta afección de argallar e trastear nace Argalleiros, proxecto que pretende achegar estes mundos tecnolóxicos aos máis pequenos da casa, sen esquecer a creatividade e a arte. E nesa mesma liña de crear e argallar xorde este hackatón.

(web: vilabesada.com / linkedin: linkedin.com/in/javiervilab)

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Detalles

Data:
Outubro 9
Hora:
10:30 AM - 7:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/280939499/

Protagonista

A Industriosa

Recinto

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map