
- Este evento pasou.
gHUB* Pontevedra
28/11/2022 @ 6:00 PM - 8:00 PM
Que é o gHUB*?
Un HUB é un concepto que se refire a un nodo ou concentrador, un dispositivo para compartir múltiples datos.
Concíbese como un espazo (dixital e físico) onde se acompaña e se lle da voz ás comunidades dixitais de Pontevedra para facilitarlle a súa conexión e achegar posibilidades de participación en procesos, proxectos e accións.
O GHUB* nace para que as diferentes comunidades dixitais se poidan recoñecer e establecer diálogos.
Un programa de apoio ás novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais.
Movidote guapo, non?
No Pazo da Cultura de Pontevedra
LUNS_28/11
18:00 faremos un encontro informal para coñecernos.
MÉRCORES_30/11 con María Yáñez de directora de Vinte:
12:00 Charla:Creación dixital na rede: plataformas e novos medios.
18:00 Workshop: “Como chegar ao público galego en Internet? Así exploramos distintos formatos en Vinte”
VENRES_2/12 con Marta Verde, pontevedresa de referencia imprescindible no Live Coding e docente na Berklee’s Valencia Campus.
18:00 Charla: “Creación dixital aplicada ás artes ao vivo: código e performance”.
SÁBADO_3/12 con Marta Verde
10:00 workshop: Creación dixital aplicada ás artes ao vivo: Introdución a Computer Vision con Procesing.