Foro de financiamento

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Foro de financiamento

17/06/2022 @ 11:00 AM - 1:30 PM

Destinatarios: alumnado universitario, persoas emprendedoras con proxectos de economía social, empresas de economía social que aposten por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social.

Finalidade do evento: Trátase dun evento no que representantes de entidades de financiamento e inversión terán a oportunidade de coñecer dez proxectos de economía social e valorar a conveniencia de outorgarlles financiamento responsable. Así mesmo, pretendese crear un espazo que permita a proxectos de economía social e entidades de financiamento e inversión coñecerse, así como favorecer o networking efectivo entre promotores e entidades de financiamento.

Programación prevista:

11:00 h Recepción e benvida.

11:05 h Rolda de presentación dos proxectos. Cada un dos dez proxectos participantes terá 7 minutos para realizar a súa presentación diante das entidades de financiamento e investimento convidadas.
Unha vez finalizadas as presentacións, as persoas representantes de entidades de financiamento e inversión poderán formular preguntas asociadas ao proxecto.
Á par das presentacións as entidades de financiamento poderán solicitar, a través dun chat privado, unha reunión privada coas persoas promotoras dos proxectos que lles interese coñecer máis en detalle.

12:50 h Organización de sesión one to one entre as partes interesadas.
As sesións terán unha duración de entre 5 a 10 minutos.

13:30 h Peche

Inscricións:

– Ata o 2 de xuño ás 23:59 horas
– A través do seguinte formulario de inscrición.

Para máis información: proxectoeusumo.usc@gmail.com

Detalles

Data:
17/06/2022
Hora:
11:00 AM - 1:30 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://www.eusumo.gal/foro-de-financiamento-0

Protagonista

Rede Eusumo
Teléfono:
610 174 389
Correo electrónico:
info@eusumo.gal
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Online event