
- Este evento pasou.
FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia)
Marzo 4 @ 9:00 AM - 6:00 PM
FreeVía Código Cero: A Universidade da Coruña organiza, por noveno ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 4 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 9:00 e as 18:00. Nesta edición, participan un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia