Fin inscrición Programa Medrando Xuntas 2023 | Directivas

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Fin inscrición Programa Medrando Xuntas 2023 | Directivas

Marzo 6 @ 8:00 AM - 5:00 PM

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.

Medrando Xuntas Directivas está dirixido a mulleres que ocupen na actualidade un cargo de responsabilidade en entidades de economía social (equiparable a niveis directivos e predirectivos ou mandos intermedios), así como aquelas que exerzan a representación nalgún órgano de gobernos destas entidades.

obxectivo xeral deste programa é ofrecer unha formación integral desde a perspectiva de xénero, co fin de potenciar as capacidades directivas das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional.

Detalles

Data:
Marzo 6
Hora:
8:00 AM - 5:00 PM
Páxina web:
http://www.eusumo.gal/programa-medrando-xuntas-2023-directivas

Recinto

Evento Virtual