Fin inscrición Programa Medrando Xuntas 2023 | Directivas

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Fin inscrición Programa Medrando Xuntas 2023 | Directivas

Marzo 9 @ 12:00 AM - 11:30 PM

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.

Medrando Xuntas Directivas está dirixido a mulleres que ocupen na actualidade un cargo de responsabilidade en entidades de economía social (equiparable a niveis directivos e predirectivos ou mandos intermedios), así como aquelas que exerzan a representación nalgún órgano de gobernos destas entidades.

obxectivo xeral deste programa é ofrecer unha formación integral desde a perspectiva de xénero, co fin de potenciar as capacidades directivas das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional.

O progarma de Directivas ofrece unha formación de 60 horas de duración que se levarán a cabo entre marzo e xuño de 2023.

A formación realizarase en modalidade en liña a través da plataforma Zoom, esceptuando as datas marcadas cun *, que se levará a cabo en modalidade presencial na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Os contidos do programa estruturaranse da seguinte forma:

Bloque 1. Xestión das organizacións de economía social

1.1. Xestión de proxectos de economía social

1.2. Responsabilidade social

1.3. Innovación nos modelos de negocio

1.4. Estratexia comercial e márketing

1.5. Transformación dixital nas organizacións

Bloque 2. Habilidades directivas

2.1. Desenvolvemento e marca persoal

2.2. Comunicación e oratoria

2.3. Cultura organizacional e liderado participativo

Bloque 3. Proxectos colaborativos

VI Foro Medrando Xuntas

Detalles

Data:
Marzo 9
Hora:
12:00 AM - 11:30 PM
Páxina web:
http://www.eusumo.gal/programa-medrando-xuntas-2023-directivas

Protagonista

Xunta de Galicia

Recinto

Online event