
FIADEIRO – Prepara o teu discurso para captar a atención dos inversores
Xuño 3 @ 10:00 AM - 12:30 PM

Vas a comezar a buscar inversión para a túa startup? Necesitas captar financiamento e estás a preparar o teu investor deck? Queres saber en que aspectos do teu proxecto van a poñer o foco os inversores? Esta formación é para ti!
A cargo de Carmen Pumariño de ZubiCapital, este novo Fiadeiro está pensado para repasar en 2 horas e media, todas as claves que precisas coñecer para enfrontar un momento tan decisivo para a túa empresa.
Lembra que os asociados de StartUp Galicia teñen un desconto do 50% sobre o prezo da actividade!
Reserva aquí a túa praza: https://bit.ly/3p8kyeX