
- Este evento pasou.
O fiadeiro de Startup Galicia: Obradoiro de ventas SaaS
27/05/2022 @ 10:00 AM - 2:00 PM

Ciclo de talleres formativos onde aprender cuestións prácticas relacionadas coa vida dos produtos tecnolóxicos.
Acerca de este evento
Os fiadeiros eran xuntanzas nas que se convertían as fibras téxtiles a fíos. Moitas destas xuntanzas remataban con cantos e bailes. Co mesmo espíritu xurde O fiadeiro de Startup Galicia, un ciclo de talleres formativos onde aprender cuestións prácticas relacionadas coa vida dos produtos tecnolóxicos da man de persoas relevantes do ecosistema startup e do emprendemento dixital.
En cantos eventos sobre emprendedores e startups non escoitaches aquilo de “tiñamos un produto gañador pero do que non sabiamos nada era sobre como vendelo”? Ou o de “decatámonos de que idees o que idees, como non saibas vendelo, estás morto”? neste obradoiro, Marta Vázquez Bas compartirá a súa exitosa experiencia na venda B2B de software SaaS. Marta é Sales Team Leader en TEIMAS, leva máis de 20 anos dedicándose ás vendas, e xa fai 8 anos que proclama feliz e aos 4 ventos o seu #orgulloteimudo.
Acábaste de topar coa dura realidade das ventas?
Aínda non tes un procedemento comercial que funcione?
Queres que non che conten teorías e o que precisas son ideas prácticas de por onde tes que empezar ou como debes mellorar?
Queres claves para recoñecer e seleccionar a perfís comerciais que sumen?
Pois Marta dará resposta a todas estas preguntas, e moitas máis!
Vémonos no Fiadeiro?