O fiadeiro de Startup Galicia: Mellora o control de xestión da túa startup

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O fiadeiro de Startup Galicia: Mellora o control de xestión da túa startup

Novembro 18 @ 10:00 AM - 2:00 PM

Ciclo de talleres formativos onde aprender cuestións prácticas relacionadas coa vida dos produtos tecnolóxicos.

 

Os fiadeiros eran xuntanzas nas que se convertían as fibras téxtiles a fíos. Moitas destas xuntanzas remataban con cantos e bailes. Co mesmo espíritu xurde O fiadeiro de Startup Galicia, un ciclo de talleres formativos onde aprender cuestións prácticas relacionadas coa vida dos produtos tecnolóxicos da man de persoas relevantes do ecosistema startup e do emprendemento dixital.

 

Nesta edición contaremos con Ernesto López-Valeiras (profesor de Control de Xestión na Universidade de Vigo) e Ricardo Malagueño (profesor de Control de Xestión na University of East Anglia; Reino Unido), que achegarán aos emprendedores e profesionais das startups unha das principais ferramentas de control de xestión, o Cadro de Mando Integral [Balanced Scorecard en inglés].

Neste obradoiro realizaranse prácticas de deseño e utilización dun cadro de mando orientado a axudar a medir e controlar o rendemento da organización para a toma de decisións estratéxicas do negocio.

O obradoiro será impartido nun formato fundamentalmente práctico no que os conceptos teóricos desenvolvense a través de casos de estudo. Este formato, xunto coa plataforma de videoconferencia, fomenta a interacción e discusión entre os participantes, que traballarán tanto de maneira individual como en equipos.

 

Vémonos no Fiadeiro?

Protagonista

Startup Galicia
Teléfono:
628737484
Correo electrónico:
info@startup.gal
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Online event