Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021

Outubro 1 - Outubro 9

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza os días 1, 2 e 9 de outubro o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021. Este evento aberto á cidadanía terá lugar no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

As localidades de Montefaro, Redes e Ares serán o escenario deste gran festival, que busca achegar a cultura da innovación social a públicos de todas as idades.

As actividades do evento combinan deseño, arte, cultura e innovación nun ambiente distendido. Nel priorizarase a reflexión compartida para avanzar, mediante novos enfoques, no desenvolvemento sostible baseado na especialización intelixente:

 

  • Presentación da RIS3 galega e exposición de proxectos galegos relacionados cos seus retos.
  • Presentación e desenvolvemento do proxecto RuralLab e das súas residencias creativas.
  • Talleres de design thinking e cocreación relacionados con desafíos económicos, sociais e medioambientais.
  • Talleres para familias, rapaces e rapazas relacionados coa cultura maker e a sustentabilidade.
  • Charlas e faladoiros sobre a importancia de innovar.
  • Espazos de participación cidadá para definir retos compartidos.
  • Accións creativas, mostras artísticas e espectáculos nos que se mesturan a música, a danza e a artesanía.

Detalles

Comezo:
Outubro 1
Remate:
Outubro 9
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/412/festival+innovacion+social+ares+innova+2021

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Concello de Ares
Ares, A Coruña Spain + Google Map
Páxina web:
http://www.concellodeares.com/