Ferramentas para a xestión estratéxica do talento

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ferramentas para a xestión estratéxica do talento

Novembro 15 @ 9:30 AM - 12:30 PM

Nun contexto cada vez máis competitivo e globalizado, onde as persoas son un dos principais activos das compañías…

Descobre as ferramentas de xestión do talento necesarias para o crecemento sostido da túa empresa!

Nos últimos anos transformáronse todos os aspectos relacionados coa xestión do talento nas organizacións debido a diferentes factores:

A globalización. Hoxe en día podemos “exportar” e “importar” talento doutros lugares xeográficos, a nivel nacional e internacional.

A dixitalización. Apareceron novas profesións relacionadas coa dixitalización cunha altísima demanda. Ademais, moitos profesionais desenvolven a súa actividade laboral desde unha localización diferente ao lugar físico no que se atope a empresa, ou traballan en empresas sen localización física, e isto require maiores competencias dixitais.

As novas xeracións. As novas xeracións (millennials e centennials) demandan outro tipo de relación laboral coas súas empresas e iso obriga a reformular a proposta de valor de talento.

Escaseza de talento. Desde fai máis de tres décadas, expertos e diversos estudos mostran un claro desaxuste en materia de talento. No caso de España é rechamante que, liderando as taxas de desemprego xuvenil, preto dun 40% dos directivos afirmen ter verdadeiras dificultades para atopar os perfís que necesitan nas súas compañías.

Hiperconexión e Hipertransparencia. Estes dous conceptos propiciados por internet e as redes sociais, fan que a información acerca das empresas estea máis exposta que nunca, afectando de forma directa á percepción que teñen sobre elas os potenciais candidatos. A reputación da marca empregadora das empresas é unha das cuestións estratéxicas máis relevantes á hora de atraer e fidelizar ao mellor talento.

 

Obxectivos:

  • Dotar aos participantes dos coñecementos e ferramentas necesarias para xestionar o talento dentro das organizacións potenciando o seu compromiso e fidelización.
  • Coñecer as ferramentas actuais para o desenvolvemento das fases cruciais na xestión do talento: acollida e on boarding, formación e desenvolvemento, compensación e desvinculación.
  • Coñecer as últimas tendencias en xestión do talento e como afrontalas na túa empresa.

 

Detalles

Data:
Novembro 15
Hora:
9:30 AM - 12:30 PM
Categoría dos Evento:
,
Páxina web:
https://www.feuga.es/cursos/herramientas-para-la-gestion-estrategica-del-talento/

Recinto

Online event