Estamos na horta e non vemos as verzas, unha conversa sobre privacidade.

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Estamos na horta e non vemos as verzas, unha conversa sobre privacidade.

Xuño 10 @ 7:00 PM - 9:00 PM

Estamos na horta e non vemos as verzas. Unha conversa sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica.

Estamos na horta e non vemos as verzas, e iso que son ben grandes e botan raíces por todas partes. Vivimos nunha sociedade na que os oligopolios tecnolóxicos nos vixían constantemente, e explotan os nosos datos para o seu beneficio.

Dende Trackula e o Colectivo das Pedras Galladas decidimos xuntarnos para falar sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica. Un espazo aberto no que calquera poderá intervir e no que xuntos intentaremos entender a importancia da privacidade e as consecuencias que pode ter perdela.

O evento terá lugar o día 10 de xuño ás 19:00 de xeito online no seguinte enlace.

Anímaste?

Nos días previos, publicaremos os links para acceder ao evento.

Por último, agradecemos enormemente á asociación Melisa por cedernos a infraestrutura tecnolóxica para o evento e a GPUL pola plataforma de Meetup 🙂

Detalles

Data:
Xuño 10
Hora:
7:00 PM - 9:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/GPUL-Labs/events/278479404/

Protagonista

GPUL

Recinto

Online event