
- Este evento pasou.
eSmorGa con Startup Galicia!
28/04/2022 @ 6:30 PM - 11:00 PM

Achégate a Santiago para unha sesión de cañas fresquiñas e boa conversa con outras persoas do sector innovador de Galicia!
A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork diferente, na que poder coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo. A idea é quedar nunha cidade galega distinta para cada edición.
Nesta II edición decidimos xuntarnos o xoves 28 de abril ás 18:30h no Bar Singulario, en Santiago de Compostela, para tomar unhas cañas, ou o refrixerio que mais vos guste.
O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible.
Apetéceche tomar algo?
Vente de eSmorGa con Startup Galicia!