
- Este evento pasou.
eSmorGa SG [edición Santiago de Compostela]
Maio 11 @ 9:00 PM - 11:00 PM

Achégate a Santiago de Compostela para unha sesión de cañas fresquiñas e boa conversa con outras persoas do sector innovador de Galicia!
¿Vaste perder a oportunidade de facer un networking diferente?
A eSmorGa SG nace como unha oportunidade de afterwork distinto, aberto e dinámico, que nos permite coñecer a persoas con distintos perfís do ecosistema de emprendemento innovador galego. A misión destes encontros é fomentar o networking entre os membros do ecosistema para dinamizalo e cohesionalo. A idea é quedar nunha cidade galega distinta para cada edición e este mes de maio é a quenda de Compostela
A cita será o xoves, 11 de maio ás 20.00h no Café Singulario (Rúa de Fernando III o Santo,4) para tomar unhas cañas ou o refrixerio que máis vos guste e desfrutar coñecendo xente nova e interesante do ecosistema startup de Galicia!
O custo será de 5 € por entrada, a fin de evitar ausencias de última hora e así xuntar ao maior número de xente posible (aparte invitamos a un par de consumicións! )
Apetéceche tomar algo?
Vente de eSmorGa con Startup Galicia!