Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais

Setembro 28

Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o «Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais» no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.

Este encontro enfócase a propiciar conexións entre empresas e centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i que poidan dar lugar a proxectos de valorización e transferencia no campo dos materiais avanzados, como por exemplo os aplicados á acumulación enerxética, a funcionalización de superficies e a xestión de residuos, entre outros.

E é que os materiais avanzados abren un amplo abanico de oportunidades de innovación en diversas industrias de distintos sectores. Propiedades como a resistencia, lixeireza, durabilidade e propiedades térmicas e eléctricas melloradas, permiten o deseño de produtos diferenciais de alto valor engadido, a optimización de procesos e o incremento da produtividade e a seguridade. Así mesmo, permiten avanzar cara un futuro máis sostible e orientado á economía circular, onde a eficiencia, a conservación de recursos e a redución de impacto ambiental son piares fundamentais para o desenvolvemento industrial.

As firmas interesadas en participar no encontro poderán propoñer o seu reto ou área de interese e un equipo de profesionais en innovación en materiais aplicados a produtos e procesos industriais identificará as capacidades tecnolóxicas dos centros do sistema galego de I+D+i que respondan ás necesidades formuladas polas empresas. Por último, proporase a ambas entidades unha reunión, que terá lugar na xornada de networking do 28 de setembro na Materioteca de Galicia (CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol).

Recinto

CIS Tecnoloxía e Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, 15590 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto