
- Este evento pasou.
Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio | Obradoiro
Marzo 14 @ 10:00 AM - Marzo 28 @ 1:00 PM
FreeAGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o obradoiro ‘Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio’ no marco da Rede Eusumo.
Un dos obxectivos desta actividade é comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Levarase a cabo en modalidade de aula virtual do 14 ao 28 de marzo de 2023.
As sesións desta actividade gratuíta serán as seguintes:
1ª Sesión. Por que emprender?
2ª Sesión. 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
3ª Sesión. A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
4ª Sesión. Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
5ª Sesión. Elaboración do plan emprendedor
Consulta o cartel completo.
Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario.
Para máis información, contacta a través de agaca@agaca.coop / 981 584 783.