
- Este evento pasou.
ECOSISTEMAS. INTERCOOPERACIÓN COMO ESTRATEXIA DE FORTALECEMENTO, CRECEMENTO E CONSOLIDACIÓN
23/05/2022 @ 10:00 AM - 1:00 PM
Datas: do 23 de maio ao 30 de xuño
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación
Horario: celebraranse 6 sesións virtuais de aprendizaxe os días 25 de maio e 1, 8, 15, 22 e 29 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Duración: 18 horas
Destinatarios: persoas socias pertencentes aos equipos directivos, persoas que formen parte do Consello Reitor, e socias e asalariadas con responsabilidades de departamento ou area, de cooperativas.
Obxectivos:
– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
– Adquirir coñecementos básicos para ter unha idea xeral e completa de que estratexias e ferramentas son necesarias para desenvolver procesos exitosos de intercooperación.
– Divulgar de forma práctica boas prácticas e ferramentas que permitan exemplificar os procesos de intercooperación entre cooperativas.
– Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras
Programa formativo:
SESIÓN 1 | INTRODUCIÓN Á INTERCOOPERACIÓN
SESIÓN 2 | ASPECTOS FORMAIS DA INTERCOOPERACIÓN
SESIÓN 3 | SOSTIBILIDADE DOS PROCESOS DE INTERCOOPERACIÓN
SESIÓN 4 | A GOBERNANZA E OS COIDADOS NOS PROXECTOS DE INTERCOOPERACIÓN
SESIÓN 5 | ÉXITO E FRACASO DA INTERCOOPERACIÓN
SESIÓN 6 | PROCESOS DE INTERCOOPERACIÓN EN ESPAZOCOOP
Inscricións:
– Gratuíta
– A través desta ligazón.
– Máis información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456
Podes acceder ao cartel premendo aquí.