E-téxtiles nos espacios maker

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

E-téxtiles nos espacios maker

13/12/2018 @ 7:00 PM - 8:30 PM

Segundo a Wikipedia os e-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs ou mesmo pequenos computadores. Están deseñados con novas tecnoloxías que ofrecen un valor engadido á persoa que os leva postos. Con todo esta definición pode ser demasiado restrinxida, pois a área dos e-téxtiles non se limita á moda e cobre moitas áreas de proxectos relacionados, como poden ser por exemplo o campo dos videoxogos, o deseño de produto, a arte dos novos medios, o IoT, a educación, a moda e a tecnoloxía, entre outros.
O obxetivo desta charla e visibilizar o florecente campo dos e-téxtiles que, igual que sucede con outros campos do movemento maker, como a impresión 3D, ou a robótica, popularizouse vinculado a esta vangarda tecnolóxica. Así mesmo,abordar a importancia de xerar obradoiros de e-téxtiles con formato hackatón para incluir a participación de mulleres e novas audiencias nos espacios maker.

Chámome Paola Guimerans, e son especialista en educación na área dos E-téxtiles e experta en Deseño de Interacción e Wearable Technology. Os meus intereses céntranse no estudo da interrelación entre a tecnoloxía, a arte e a aprendizaxe. Licenciada en Belas Artes, son doutora pola Universidade Complutense de Madrid e teño un MFA en Deseño e Tecnoloxía pola Parsons School of Design de Nova York.

Detalles

Data:
13/12/2018
Hora:
7:00 PM - 8:30 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/256718672/

Protagonista

A Industriosa

Recinto

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, meetup14 es
+ Google Map