Deixade de facer webs de m*rda!

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Deixade de facer webs de m*rda!

27/05/2022 @ 6:30 PM - 8:30 PM

? O venres 27 ás 18:30h no Espazo Arroelo teremos unha conversa moi interesante! Só temos 25 prazas, así que apúntate!

? E de que imos falar?
Cantas veces entraches nunha web, que a simple vista semellaba interesante, cun bo deseño e todo funcionando correctamente, e saíches coa sensación de ter perdido o tempo, ou frustrado ó non atopar o que buscabas? Nesta charla veremos as cousas sobre as que se debería reflexionar ou os pasos a seguir, antes de poñerse a crear unha web ou de encargala.

??‍? Quen será a relatora?
Sabela Muñiz é unha creativa dixital que na actualidade está a desenvolver un proxecto de comunicación no que aplicar a metodoloxía que emprega á hora de dar charlas ou talleres para achegar as novas tecnoloxías a todos os públicos. Membro moi activo da Comunidade de WordPress Pontevedra, colabora con diferentes proxectos tecnolóxicos, sobre todo se son colaborativos.

? O evento ten lugar na sala 23 do Espazo Arroelo. Non é tan grande como a biblioteca e por iso temos que poñer un límite de asistentes, así que se acabas sen poder vir lembrade liberar praza.

Detalles

Data:
27/05/2022
Hora:
6:30 PM - 8:30 PM
Categoría dos Evento:
, ,
Páxina web:
https://www.meetup.com/Pontevedra-WordPress-Meetup/events/285983051/

Protagonista

Pontevedra WordPress Meetup

Recinto

Espacio Arroelo
Rúa Michelena, 11
Pontevedra, GA 36002 es
+ Google Map