Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

Cargando eventos

« Todos os eventos

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

Setembro 29 @ 8:00 AM - Decembro 15 @ 5:00 PM

Título: Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»
Data: do 29 de setembro ao 15 de decembro de 2021, en sesións semanais
Prazo de inscrición: ata o 23 de setembro ás 20:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores/as contratados/as con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores/as e tecnólogos/as dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

Cunha duración total de 36 horas, distribuídas en 12 sesións de 3 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 29 de setembro e o 15 de decembro de 2021 en horario de 10:00 h a 13:00 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: «Fundamentos sobre transferencia de coñecemento» (15 horas), «Comunicación e presentación da investigación» (9 horas) e «Ecosistema de innovación, impacto e colaboración» (12 horas).

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o día 23 de setembro ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.

Detalles

Comezo:
Setembro 29 @ 8:00 AM
Remate:
Decembro 15 @ 5:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/402/curso+online+transferencia+conecemento+interaccion+co+sistema+i+d+i

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Online event