
- Este evento pasou.
Curso online «Formación executiva para persoal investigador posdoutoral»
07/06/2022
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online “Formación executiva para persoal investigador posdoutoral”.
Este curso, de carácter gratuíto, enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador posdoutoral.
O propósito desta formación é capacitar e orientar a 20 participantes en coñecementos e competencias relacionados coa comercialización de resultados de investigación, así como na promoción e xestión de spin-offs.
Cunha duración total de 60 horas, distribuídas en 15 sesións, o curso desenvolverase entre xuño e xullo de 2022 en horario de mañá. O programa estrutúrase en 3 módulos: «Formación executiva para persoal investigador posdoutoral», que será impartido integramente en inglés; «Aspectos legais da constitución e crecemento de proxectos de base tecnolóxica» e «Elementos fundamentais para a creación de spin-offs».
Pode consultar toda a información do programa aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 3 de xuño ás 10:00 h.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.