Curso online «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais»

Cargando eventos

« Todos os eventos

Curso online «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais»

Setembro 1 @ 8:00 AM - Novembro 30 @ 5:00 PM

Título: Curso online «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais»
Data: setembro, outubro e novembro de 2021 (15 sesións de 4 h de duración cada unha)
Prazo de inscrición: ata o 23 de agosto ás 20.00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online “Formación executiva para investigadores/as posdoutorais”.

Este curso, de carácter gratuíto, enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador posdoutoral.

O propósito desta formación é capacitar e orientar a 30 participantes en coñecementos e competencias relacionados coa comercialización de resultados de investigación, así como na promoción e xestión de spin-offs.

Cunha duración total de 60 horas, distribuídas en 15 sesións de 4 horas cada unha, o curso desenvolverase entre setembro e novembro de 2021 en horario de mañá. O programa estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais», «Aspectos legais da constitución e crecemento de proxectos de base tecnolóxica» e «Elementos fundamentais para a creación de spin-offs».

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazónO prazo de inscrición remata o día 23 de agosto ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.

Detalles

Comezo:
Setembro 1 @ 8:00 AM
Remate:
Novembro 30 @ 5:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/398/curso+online+formacion+executiva+investigadores+as+posdoutorais

Protagonistas

GAIN
Fundación Barrié