
- Este evento pasou.
Crecer co deseño. O deseño como ferramenta de innovación e competitividade empresarial
16/06/2022 @ 10:00 AM - 12:30 PM
A Axencia Galega de Innovación e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica, organizan a xornada Crecer co deseño.
Este evento de formato híbrido online-presencial ten por obxectivo explicar e visibilizar ante a comunidade emprendedora galega a utilidade do deseño como ferramenta de innovación e competitividade empresarial.
Trátase da primeira xornada do Ciclo Deseño e emprendemento, unha iniciativa do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA en coordinación cos diferentes programas da Rede de Aceleradoras da Xunta de Galicia.
Os relatorios incluirán a exposición das actuacións do programa DIFERENZA para apoiar o deseño e a súa contribución á xeración de valor empresarial nos proxectos que están comezando, ademais da visión dunha experta en deseño estratéxico e de representantes do tecido asociativo do deseño en Galicia – Asociación Galega de Deseño DAG –, así como a presentación de casos de éxito do binomio innovación e deseño.