Como crear unha entidade de economía social: Edición III

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Como crear unha entidade de economía social: Edición III

Abril 18 - Maio 2

A Rede Eusumo organiza a 3ª edición da actividade en liña: “Como crear unha entidade de economía social”. Esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisen financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.

Obxectivos:

  • Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender
  • Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social
  • Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.

Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo

Programa:

  • MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto
  • MÓDULO 2. Proceso de constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral
  • MÓDULO 3. Financiamento, liñas de axuda e outros recursos para a creación de entidades de economía social
  • MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento

As inscricións estarán abertas ata o 17 de abril de 2023 e faranse seguindo estos pasos:

  • Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  • Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal 

Detalles

Comezo:
Abril 18
Remate:
Maio 2
Páxina web:
http://www.eusumo.gal/como-crear-unha-entidade-de-economia-social-edicion-iii-0

Protagonista

Rede Eusumo
Teléfono:
610 174 389
Correo electrónico:
info@eusumo.gal
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Confederación Empresarial de Ourense (CEO)
Praza das Damas,1
Ourense, Ourense 32005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
988 39 11 10
Ver a Páxina Web do Recinto