Conversación en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustentabilidade

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Conversación en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustentabilidade

31/05/2022 @ 11:00 AM - 12:00 PM

A Axencia Galega de innovación e a Fundación DIDAC inician o ciclo de Conversas sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sustentabilidade cos gañadores dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2020 e 2021 na categoría de talento emerxente: Damián Calvo e Yarza Twins.

Damián Calvo. Graduado en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto pola Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de deseño de produto de Samsung Design Europe en Londres e recentemente incoporouse a compañía Dyson como deseñador industrial na nova sede global da marca ubicada en Singapur.
Yarza Twins. Master of Arts Communication Design no Central Saint Martins (Londres). As irmáns Eva e Marta Yarza desenvolven proxectos de tipografía, 3D, animación, deseño editorial e de marca, desenvolvemento web e ilustración para Adidas, MTV, Converse, Smirnoff ou HP.
Esta conversa será a primeira das citas bimestrais que serán retransmitidas en streaming para abrir unha ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos novos con gran proxección internacional.

O ciclo de conversas é unha iniciativa desenvolvida no marco da creación da Rede internacional de profesionais do deseño galego, un dos eixes do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

Detalles

Data:
31/05/2022
Hora:
11:00 AM - 12:00 PM
Categoría dos Evento:
,
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/488/conversacion+rede+dialogos+deseno+procesos+creativos+innovacion+sustentabilidade

Recinto

Online event