Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

Setembro 27 @ 11:00 AM - 1:00 PM

A Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC organizan a próxima cita co ciclo Conversas en rede, unha serie de diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade. Nesta ocasión, os profesionais invitados son os deseñadores Miguel Leiro e Ana Inés Jabares-Pita.

  • Miguel Leiro. Deseñador, comisario e educador, enfócase en expandir o valor cultural do deseño. Tras licenciarse en deseño industrial polo Pratt Institute (Nova York), fundou un estudo en Madrid especializado en produto, dirección creativa, interiorismo e branding. En 2020 creou Office of Design, cuxo proxecto insignia, MAYRIT Bienal, é unha plataforma líder de arquitectura e deseño experimental que celebra a súa terceira edición en maio de 2024. Con proxectos e exposicións en diversos países, Leiro obtivo o Premio Roma da Academia Española, é membro da xunta de dei_mad (Asociación de Deseñadores de Madrid) e beneficiario da Bolsa Injuve Emprendemento, da Bolsa BilbaoArte e do Paris Maison Premio & Objet Rising Talent.
  • Ana Inés Jabares-Pita. Deseñadora que desempeña a súa tarefa profesional en ópera, teatro, cinema e concertos. Na súa adolescencia uniuse ao coro da Orquestra Sinfónica de Galicia como soprano e actuou en varios espectáculos. Cursou Belas Artes na Universidade de Sevilla, mentres continuaba os seus estudos musicais. Pasou un ano na Accademia dei Belle Arti dei Palermo en Italia, onde a música clásica e a ópera espertaron o seu interese pola escenografía. Continuou os seus estudos en Londres na Royal Central School of Speech and Drama e en 2013 gañou o Premio Linbury de Linbury Prize for Stage Design de The Driver´s Seat. En 2015, converteuse en «Embaixadora do Deseño Español», representando ao deseño español en lugares como Piccadilly Circus (Londres) ou Times Square (Nova York).

Esta conversa, retransmitida en streaming, busca abrir unha nova ventá ás tendencias máis efervescentes a nivel global en diversas especialidades do deseño, da man de deseñadores e deseñadoras galegos con gran proxección internacional.

Recinto

GAIN
Rúa Airas Nunes, s/n. Conxo.
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto