Competición Capture The Flag no II Encontro CIBER.gal

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Competición Capture The Flag no II Encontro CIBER.gal

Novembro 9 @ 4:00 PM - 7:00 PM

No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 9 de novembro de 2022 ás 16.00h, Gradiant, en colaboración coa Cátedra R en Ciberseguridade, organiza un concurso individual “Capture de Flag” que contará con varios retos de ciberseguridade e ira destinado a persoas maiores de 18 anos.

PROGRAMA:
A competición contará con varios retos de ciberseguridade para que os participantes, de maneira individual, poidan demostrar as súas habilidades e destrezas á hora de resolver problemas relacionados con temáticas como a criptografía e esteganografía, exploiting, análise forense, enxeñería inversa e recoñecemento.

Nun tempo determinado, o participante deberá solucionar o maior número de retos posibles.

Cada reto terá unha puntuación acorde á súa dificultade.

Inscrición: o interesado deberá inscribirse na web do evento a través do formulario habilitado (proximamente dispoñible).

O número de prazas para participar está restrinxido a un máximo de 30.

Selección dos gañadores: a posición na clasificación establecerase polo número de puntos totais obtidos e en caso de empate de puntos entre 2 ou máis participantes, terase en conta o tempo total empregado na resolución. Se persistise o empate realizarase un sorteo.

Premios: os premios serán os seguintes:

Primeiro premio: 700 €

Segundo premio: 300 €
Requisitos para participar: dispoñer dun portátil, ser maior de idade e descubrir o secreto requirido no apartado de inscrición ao concurso.

Sorteo: á finalización da competición realizarase un sorteo entre os participantes dun Huawei Watch GT3 Prol.

Detalles

Data:
Novembro 9
Hora:
4:00 PM - 7:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://gaiastech.xunta.gal/es/actividades/competicion-capture-flag-en-el-ii-encontro-cibergal

Protagonista

Gaiastech
Teléfono:
+34 881 995200
Correo electrónico:
gaiastech@xunta.gal
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaias
Santiago de Compostela, es
+ Google Map