
- Este evento pasou.
O coaching como oportunidade para emprender | Edición I
Marzo 3 @ 8:00 AM - Marzo 17 @ 5:00 PM
Desde a Rede Eusumo lanzamos a 1.ª edición do curso ‘O coaching como oportunidade para emprender’ como parte da nosa aposta pola formación no eido da economía social.
Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 3 e o 17 de marzo de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é sacar o maior partido dos recursos existentes e analizar a idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir as metas e os obxectivos propostos.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas interesadas en emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder así desenvolver a súa idea de negocio no ámbito da economía social.
O programa formativo ten a seguinte estrutura:
MÓDULO 1. O coaching como ferramenta para emprender na economía social
MÓDULO 2. A persoa emprendedora
MÓDULO 3. A importancia das emocións e a comunicación para traballar en equipo
MÓDULO 4. Como alcanzar os teus obxectivos
As inscricións estarán abertas ata o 2 de marzo de 2023 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel compleo da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal