A ciberseguridade: unha necesidade e un plus para a túa peme.

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A ciberseguridade: unha necesidade e un plus para a túa peme.

Maio 1 @ 8:00 PM - 9:30 PM

Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Forensic & Security, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.

Charla de concienciación onde a finalidade será crear conciencia da importancia da ciberseguridade e coñecer así os seus riscos nas pemes.

O desenvolvemento e a axenda da xornada presenta a seguinte estructura:

Concepto de Seguridade / Ciberseguridade.
En que se basea a Ciberseguridade?
Responsabilidades e prexuizos (estafas, perda de datos, parte legal).
Tipos de riscos e ataques.
Exemplos dos anteriores.
Solucións.
Vantaxes de ter formación e políticas de Ciberseguridade.
Os obxectivos da xornada son os seguintes:

Concienciar e sensibilizar sobre a importancia da ciberseguridade.
Fomentar o uso de boas prácticas entre pemes, micropemes e autónomos.
Trasladar os riscos de ciberseguridade existentes nas pemes.
Desmontar a falsa crenza do “eu non son importante” como entrada na maioría dos ciberataques.
Ver exemplos reais e consecuencias dos ciberataques mais comúns na actualidade.

Imparte: Forensic & Security
Entidade adherida oficialmente ao Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

Recinto

Online event