
- Este evento pasou.
En ciberseguridade non existen obxectivos pequenos
13/06/2022 @ 7:00 PM - 8:00 PM
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Telefónica, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.
PROGRAMA:
Porqué non te consideras un obxectivo cando o resto si o fai?
Sesión que persegue o obxectivo de concienciar ás pequenas e medianas empresas de que poden ser obxectivo dun ciberataque, e que invertir na súa seguridade é unha necesidade para os seus negocios maior cada día.
Expoñerase o panorama actual da ciberseguridade, os principais ataques e o que se debe facer para non ser vítima dun.
Contidos da sesión:
Introdución. Porqué atacar a unha Peme?
Onde nos atopamos?
Retos da transformación dixital
Datos de ciberseguridade (Incidentes rexistrados en pemes, novas variantes de malware, custos dun ciberataque, etc.)
Os nosos adversarios
Tendencias ciberseguridade 2022 (factor humano, novas tecnoloxías, os datos, etc.)
Coñezamos algúns tipos de ataques
Exemplo práctico
E agora, que facemos?
A importancia de tomarse en serio a ciberseguridade
Ver a seguridade como algo de extremo a extremo