Avaliación de carteira tecnolóxica. Modelo de prescreening tecnolóxico

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Avaliación de carteira tecnolóxica. Modelo de prescreening tecnolóxico

02/12/2021 @ 10:00 AM - 1:00 PM

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza a formación teórico-práctica “Avaliación de carteira tecnolóxica. Modelo de prescreening tecnolóxico”, sobre o modelo de prescreening de tecnoloxías desenvolto no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, como paso para a súa posible implantación dentro dos procesos de valorización de tecnoloxías.

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal que desenvolva funcións de xestión de transferencia en centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D que conten con resultados científico-tecnolóxicos para valorizar.

O programa abrangue unha formación teórica de 3 horas de duración, que se celebrará o día 2 de decembro de 10:00 a 13:00 h, e catro sesións de asesorías individualizadas de 1 hora de duración cada unha sobre a aplicación a un caso concreto do modelo explicado na sesión teórica. As datas e o horario das asesorías individualizadas planificaranse con cada unha das persoas asistentes. O caso concreto (resultado científico-tecnolóxico) será aportado polo alumno/a.

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazónO prazo de inscrición remata o día 29 de novembro ás 13:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.

Detalles

Data:
02/12/2021
Hora:
10:00 AM - 1:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/442/curso+online+avaliacion+carteira+tecnoloxica+modelo+prescreening+tecnoloxico

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Online event