
- Este evento pasou.
AS FUNDACIÓNS COMO FERRAMENTAS DE REPUTACIÓN EMPRESARIAL
01/12/2022 @ 9:30 AM - 12:30 PM

CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA e o FORO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL COROPRATIVA (RSC) presentan o encontro empresarial ‘As FUNDACIÓNS COMO FERRAMENTAS DE REPUTACIÓN EMPRESARIAL’, unha xornada englobada no noso programa de actividades dedicado á comunidade empresarial de Galicia.
A reputación é un ben moi prezado, no caso das empresas pode ser a diferenza entre o éxito ou a quebra. Os profesionais de comunicación coinciden en que unha das actuacións corporativas con maior relevancia e eficiencia para construír e sobre todo manter unha boa reputación é a creación dunha fundación. É unha ferramenta que permite un traballo social continuado e de fácil difusión, o que leva a consolidar unha imaxe de forte compromiso social e #ante unha crise minimiza os impactos á compañía grazas á súa intervención como figura de interese xeral.
Fundacións corporativas Cales son os retos aos que se enfrontan? Como vincular a actividade da fundación á estratexia e obxectivos da empresa?