
- Este evento pasou.
Como as ferramentas dixitais poden axudarnos na captación de novas oportunidades de negocio en contornas Industriais e B2B.
15/12/2022 @ 10:00 AM - 11:30 AM
Descrición
Xornada Tecnolóxica En liña gratuíta para pemes, autónomos e emprendedores, onde se abordará como internet pode ser un complemento á actividade comercial tradicional, analizando casos reais de empresas da contorna B2B, as cales integraron estratexias comerciais dixitais nas súas operacións comerciais tradicionais cuns resultados moi satisfactorios a nivel de ROI (oportunidades de negocio cualificadas captadas > ofertas > pedidos).
Orde do día / Axenda
Hora
10:00 Comezo da sesión: Presentación Programa Oficina Acelera Peme
10:05 Márketing dixital como canle alternativa para captar negocio.
• Introdución
• Analizar o mercado potencial existente no ecosistema dixital
• Como integrar a canle dixital nos procesos de vendas tradicionais
• Exemplos de casos concretos
11:20 Quenda de preguntas. Peche da sesión