Algo que declarar?

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Algo que declarar?

Setembro 23 @ 10:00 AM - 11:00 AM

Obradoiro no que traballaremos as diferentes declaracións fiscais que temos que facer como autónom@s cada trimestre.
Que imos facer?
Neste Obradoiro falaremos das diferentes declaracións fiscais que temos que facer cando nos damos de alta, como o IRPF ou a declaración do IVA. Veremos cales son os modelos que debemos presentar, consecuencias de non facelo adecuadamente, a mellor forma de declarar determinados gastos… O evento será presencial e será impartido de forma práctica con exemplos e guías.
Quen o imparte?

Ana Belén Muñiz Vera

Ana forma parte do equipo de asesoramento empresarial do Pazo de Arenaza. É Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de A Coruña. Dedicada á xestión administrativa e ao asesoramento de empresas e profesionais autónomos, o que compatibiliza tamén coa sua actividade formadora.
Tras traballar por conta allea como xestora administrativa, en 2013 decidiu montar o seu propio despacho co obxectivo de ofrecer un servizo de asesoramento con valor engadido no que se valore a rendibilidade do mesmo, sen que só sexa considerado un mero coste.

A quen está dirixido?
A todo tipo de proxectos emprendedores, estean ou non estean en marcha, así como a calquera persoa con interese na materia

Detalles

Data:
Setembro 23
Hora:
10:00 AM - 11:00 AM
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://arenaza.pel.gal/events/1414967138/algo-que-declarar?public&

Protagonista

Pazo de Arenaza
Páxina web:
https://arenaza.pel.gal/

Recinto

pazo de arenaza
Pazo de arenaza
Oleiros, A Coruña Spain
+ Google Map
Páxina web:
https://www.laconnetwork.com/lugar/pazo-de-arenaza-2/