
- Este evento pasou.
Administración da base de datos MySQL
Febreiro 13 @ 8:00 AM - Marzo 3 @ 5:00 PM
FreeEste programa formativo prepara aos e as asistentes cos coñecementos e habilidades necesarias para poder instalar, configurar e administrar MySQL Server de maneira profesional, configurar replicación e seguridade, realizar backups de bases de datos e tunning de rendemento e configurar parámetros de seguridade en bases de datos MySQL.
Data inicio: 13/02/2023
Data fin: 03/03/2023
Ao longo da formación os e as asistentes recibirán os coñecementos necesarios para instalar unha base de datos MySQL, crear e executar estratexias de copia de seguridade, particionar a base de datos, xestionar os seus usuarios, crear procedementos almacenados, triggers, vistas, establecer limitacións en recursos, controis de acceso, etc.
Recomendable ter coñecemento/nivel medio de comprensión lectora en inglés debido a que a proba de nivel pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta neste curso xeralmente realízase en inglés.
Obxectivos :
Ao final da formación o alumnado saberá:
Describir a arquitectura de MySQL
Actualizar MySQL
Configurar opcións en tempo de execución
Avaliar tipos de datos para mellorar o performance
Entender o almacenamento InnoDB
Realizar backup e operacións de restauración
O alumnado estará en disposición dos coñecementos recomendados para a superación dos exames de certificación oficial MySQL 8.0 Database Administrator, requiridos para a obtención da certificación oficial 1Z0-908.
Dirixido a :
Este curso está dirixido a aquelas persoas que queiran aprender a administrar a base de datos MySQL, para converterse nun/nunha administrador/a sobre a base de datos open source máis popular.
Recomendable nivel medio-alto de comprensión lectora en inglés.
Perfil do docente :
Persoal docente con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais de Oracle para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.
Duración :
60 horas
Metodoloxía :
Presencial
Matrícula :
Gratuíta
Tecnoloxía :
Oracle Corporation
MySQL
Beneficios :
Opción gratuita dun exame de certificación oficial
Diploma de asistencia