Acto de peche do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Acto de peche do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Novembro 3 @ 10:30 AM - 5:00 PM

A Axencia Galega de Innovación celebra o mércores 3 novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, o evento final do Certame de Materiais Innovadores de Galicia, no que se darán a coñecer os seleccionados nesta primeira edición.

O acto terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia, e poderá seguirse en streaming.

Entre as 80 candidaturas presentadas resultaron preseleccionadas dúas finalistas por cada unha das categorías das que consta o certame:

Artesanía:

  • Algodón tintado con Camellia sinensis (tecido con protección solar e libre de alérxenos e tóxicos). Tusbaki Diseño.
  • D-Leite (tecido de la meiriña e fibra de proteína láctea ecolóxica). Inés RIR & Co Diseño Textil Artesano.

 

Empresa:

  • Peroxibiokey (aceite vexetal con propiedades antisépticas, cicatrizantes, rexenerativas e antioxidantes). Keybiological.
  • Celtacal (abono orgánico elaborado con cuncha de mexillón). Ecocelta Galicia.

 

Investigación:

  • Recubrimento condutor térmico e eléctrico (material de confort para interior de vehículos de transporte, mobiliario, téxtil, etc.). Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
  • Viga alixeirada de madeira Ecotimbercell (sistemas estruturais celulares ecolóxicos de madeira e derivados). Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Empresa & Investigación:

  • Formigóns en masa e morteiros de revestimento con áridos reciclados da industria conserveira (material de construción elaborado a partir de cuncha de mexillón). Consorcio Biovalbo (Extraco & Grupo de Construción do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC).
  • Mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa (biopavimento alternativo ao asfalto convencional). Misturas, Obras e Proxectos & Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais do CITEEC da UDC.

Detalles

Data:
Novembro 3
Hora:
10:30 AM - 5:00 PM
Categoría do Evento:
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/420/acto+peche+do+i+certame+materiais+innovadores+galicia

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Online event